Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Modificación puntual núm. 2 do PXOM de Ponteareas respecto ao SURBZ 01 IND “A Lomba”.
Promotor: Concello de Ponteareas.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo.
Expediente: 2024AAE2942.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 22.10.2024 ata o día 4.12.2024.