Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan especial de protección da fachada marítima de Bueu, treitos B-C da rúa Montero Ríos.
Promotor e órgano substantivo: Concello de Bueu.
Expediente: 2026AAE3109.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 15.6.2026 ata o día 28.7.2026.