Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para un novo viario en As Tapadas.
Promotor e órgano substantivo: Concello da Cañiza.
Expediente: 2023AAE2793.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 15.1.2025 ata o día 26.2.2025.