Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan básico municipal do concello de Chandrexa de Queixa.
Promotor e órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo.
Expediente: 2025AAE3044.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 16.10.2025 ata o día 27.11.2025.