Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Plan especial de reforma interior PERI-03-O, Covaterreña.
Promotor: Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (SAREB).
Órgano substantivo: Concello de Baiona.
Expediente: 2025AAE3012.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 4.6.2025 ata o día 16.7.2025.