Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para a execución dun viario en Chantada.
Promotor e órgano substantivo: Concello de Chantada.
Expediente: 2025AAE2977.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 20.2.2025 ata o día 3.4.2025.