Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Modificación puntual núm. 4 das Normas subsidiarias do concello de Baralla - Delimitación do solo de núcleo rural tradicional de Carballal.
Promotor: Concello de Baralla.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas).
Expediente: 2024AAE2961.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 3.1.2025 ata o día 17.2.2025.