Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Modificación puntual núm. 16 das Normas subsidiarias de planeamento de Cangas e ordenación detallada dun sector de solo urbanizable situado no lugar da Rúa.
Promotor: Concello de Cangas.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas).
Expediente: 2024AAE2951.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 5.12.2024 ata o día 22.1.2025