Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Modificación puntual nº7 do Plan xeral de ordenación municipal de sistemas xerais, concello da Laracha.
Promotor: Concello da Laracha.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas).
Expediente: 2025AAE2975.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 20.2.2025 ata o día 3.4.2025.