Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento inicial estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica ordinaria.
Plan: Plan xeral galego de saneamento 2027-2032.
Promotor: Augas de Galicia.
Expediente: 2025AAE2997.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 27.5.2025 ata o día 8.7.2025.