Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Modificación puntual núm.14 do PXOM – Delimitación do núcleo rural de O Río.
Promotor: Concello de Oleiros.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas).
Expediente: 2025AAE2983.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 7.3.2025 ata o día 22.4.2025.