Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual nº 6 das Normas subsidiarias de planeamento de Catoira (Pontevedra) no núcleo rural de Borreiros.
Promotor: Concello de Catoira.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas).
Expediente: 2026AAE3082.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 30.3.2026 ata o día 14.5.2026.