Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para pista cuberta en Mandiá (Ferrol).
Promotor e órgano substantivo: Concello de Ferrol.
Expediente: 2025AAE3018.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 15.7.2025 ata o día 28.8.2025.