Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Plan parcial do sector SURBZ. T-01 do PXOM de Ponteareas.
Localización: O Reiro, parroquia de San Miguel de Ponteareas.
Promotor: NIETO y CID SL.
Órgano substantivo: Concello de Ponteareas.
Expediente: 2025AAE3054.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 16.1.2026 ata o día 27.2.2026.