Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual núm.1 do PXOM: modificación das ordenanzas, do réxime de fóra de ordenación e doutros aspectos normativos.
Promotor: Concello de Sobrado.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas).
Expediente: 2025AAE3020.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 7.8.2025 ata o día 19.9.2025.