Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación 02 do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Vilar de Barrio, delimitación do SNR de Gomareite.
Promotor: Vilar de Barrio.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas).
Expediente: 2026AAE3105.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 3.6.2026 ata o día 16.7.2026.