Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual das Normas subsidiarias de planeamento no pavillón polideportivo do Espiño.
Promotor: Concello de Carral.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo.
Expediente: 2026AAE3085.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 9.4.2026 ata o día 22.5.2026.