Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Plan parcial do ámbito SU-7, Tui.
Promotor: Comunidade de Montes de Guillarei e particulares.
Órgano substantivo: Concello de Tui.
Expediente: 2025AAE3003.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 24.10.2025 ata o día 5.12.2025.