Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada
Nome do plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para centro de persoas maiores, Os Blancos.
Promotor: Concello dos Blancos.
Órgano substantivo: Concello dos Blancos.
Expediente: 2020AAE2447.
Código Web: 2309/2020.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta estará aberto durante dous meses a contar a partir da finalización da declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 ou prórrogas do mesmo.