Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Plan parcial do sector de solo urbanizable SUB/D-2 (AR-03), Castro de Rei.
Promotor: LEON XIII de Lugo, Sociedade Cooperativa Galega.
Órgano substantivo: Concello de Castro de Rei.
Expediente: 2025AAE3017.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 21.8.2025 ata o día 2.10.2025.