Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Proxecto de interese autonómico SUD 4 “Monte Mero” (A Coruña).
Promotor e órgano tramitador: Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).
Expediente: 2025AAE3028.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 19.8.2025 ata o día 30.9.2025.