Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Proxecto de interese autonómico do parque empresarial Lavacolla, Santiago de Compostela.
Promotor: Pontepedroso Real Estate.
Órgano tramitador: Dirección Xeral de Estratéxica Industrial e Solo Empresarial. Consellería de Economía e Industria.
Expediente: 2025AAE3038.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 3.10.2025 ata o día 14.11.2025.