Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Expediente de delimitación do núcleo rural de Salgueiros.
Promotor: Concello de Dumbría.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2023AAE2784.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 13.4.2023 ata o día 29.5.2023.