Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Modificación puntual das Normas subsidiarias de planeamento de Malpica de Bergantiños nos Barreiros (Cerqueda).
Promotor: Concello de Malpica de Bergantiños.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2023AAE2818.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 8.8.2023 ata o día 20.9.2023.