Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (PEOSE) da área industrial de Paderne de Allariz.
Promotor: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
Órgano substantivo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Expediente: 2023AAE2778.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 20.03.2023 ata o día 04.05.2023.