Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para equipamento de camping asociado ao Camiño de Santiago e ao espazo natural que o rodea.
Promotor: Inmobiliaria Huttopia Galicia, SL.
Órgano substantivo: Concello de Lalín.
Expediente: 2023AAE2834.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 17.10.2023 ata o día 29.11.2023.