Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan parcial SUDT-04 Monte, Mos.
Promotor e órgano substantivo: Concello de Mos.
Expediente: 2023AAE2839.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 19.12.2023 ata o día 1.2.2024.