Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para mellorar os accesos ao CPI Alcalde Xosé Pichel.
Promotor e órgano substantivo: Concello de Coristanco.
Expediente: 2023AAE2844.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 7.11.2023 ata o día 21.12.2023.