Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Modificación puntual núm.15 do PXOM de Sanxenxo no contorno do Vinquiño.
Promotor: Concello de Sanxenxo.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2023AAE2821.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 27.7.2023 ata o día 8.9.2023.