Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada
Nome do plan: Proxecto de interese autonómico para ampliación da Casa Grande de Xanceda.
Localización: concello de Mesía (A Coruña).
Promotor: Casa Grande de Xanceda, SL.
Órgano substantivo: Consellería do Medio Rural - Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.
Expediente: 2023AAE2824.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 4.8.2023 ata o día 18.9.2023.