Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Modificación puntual do PXOM do Carballiño – ordenanza 9 “Equipamentos e dotacións”.
Promotor: Concello do Carballiño.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2023AAE2840.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 16.10.2023 ata o día 28.11.2023.