Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Proxecto de interese autonómico para a factoría do deporte galego – Galicia Sports 360.
Localización: concello de Mos (Pontevedra).
Promotor: Real Club Celta de Vigo, S.A.D.
Órgano substantivo: Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Expediente: 2023AAE2769.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 23.02.2023 ata o día 10.04.2023.