Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual das Normas subsidiarias de planeamento municipal para a xeración de solo industrial en San Xulián da Veiga.
Promotor: Concello de Sarria.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2023AAE2767.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 20.02.2023 ata o día 03.04.2023