Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan especial de reforma interior POL-35 Mandín. Oleiros.
Promotor: Inmobiliaria Masar, S.L.
Órgano substantivo: Concello de Oleiros.
Expediente: 2023AAE2798.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 16.5.2023 ata o día 28.6.2023.