Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual do PXOM para dar acceso ao polígono industrial PPI-5. Promotor: Concello do Porriño. Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Expediente:2019AAE2315. Código web: 2190/2019. No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.