Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual núm.2 das Normas subsidiarias de planeamento municipal das Pontes de García Rodríguez no ámbito do poboado das Veigas (poboado de Encaso).
Promotor: Concello das Pontes de García Rodríguez.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2023AAE2826.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 04.10.2023 ata o día 17.11.2023.