Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual nº 3 das Normas subsidiarias do planeamento do concello da Lama para ampliar a dotación de solo urbanizable industrial.
Promotor: Concello da Lama.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2023AAE2785.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 14.4.2023 ata o día 30.5.2023.