Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Proxecto de interese autonómico Campus I+D SCQ PLATFORMS SL (GRUPO SANTOS) en Deseiro, concello de Boqueixón.
Localización: concello de Boqueixón (Coruña).
Promotor: SCQ PLATFORMS SL (GRUPO SANTOS).
Órgano substantivo: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.
Expediente: 2023AAE2777.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 21.03.2023 ata o día 05.05.2023.