Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan básico municipal do concello de San Cristovo de Cea.
Promotor e órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2024AAE2863.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 6.2.2024 ata o día 19.3.2024.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.