Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan básico municipal do concello de Samos.
Promotor e órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo.
Expediente: 2024AAE2888.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 2.5.2024 ata o día 14.6.2024.