Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Proxecto de interese autonómico, proxecto de urbanización e dirección facultativa das obras de aparcadoiro de vehículos pesados en A Balsa, en Vigo.
Promotor: Consorcio da Zona Franca de Vigo.
Órgano substantivo: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
Expediente: 2024AAE2873.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 6.3.2024 ata o día 19.4.2024.