Está a súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan parcial do sector de solo urbanizable SP-7-I.
Localización: Veigas de Almorzar – municipio de Caldas de Reis.
Promotor: Grupo Ayude Díaz S.L. e Bregade C.B..
Órgano substantivo: Concello de Caldas de Reis.
Expediente: 2019AAE2398.
Código web: 2267/2019.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.