Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 83.2 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte:
Nome do plan: Instrumento de ordenación provisional no ámbito do sector Nº20 “Fonsillón-A Farixa”
Promotor e órgano substantivo: Concello de Ourense.
Expediente: 2018AAE2222.
Código web: 2215/2019.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.