Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Modificación puntual núm.5 das Normas subsidiarias de planeamento da Lama para a delimitación do solo de núcleo rural do Verdugo.
Promotor: Concello da Lama.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas).
Expediente: 2024AAE2912.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 3.7.2024 ata o día 19.08.2024.