Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a correcta localización do ámbito do campo da festa de Vilamaior, Santa Comba.
Promotor: Concello de Santa Comba.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2023AAE2757.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 16.01.2023 ata o día 27.02.2023.