Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual núm. 13 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo para a redefinición da ordenación no camiño de Baltar e na rúa Virxe do Carme.
Promotor: Concello de Sanxenxo.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2023AAE2759.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 19.01.2023 ata o día 02.03.2023.