Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual do Plan especial de protección, reforma interior e conservación artística do conxunto histórico artístico de Pontevedra (PEPRICA).
Promotor: particular.
Órgano substantivo: Concello de Pontevedra.
Expediente: 2022AAE2732.
Co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 27.10.2022 ata o día 13.12.2022.