Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan básico municipal do concello de Dozón.
Promotor e órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2022AAE2739.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que consideren oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 14.11.2022 ata o día 29.12.2022