Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para a creación dunha plataforma loxística de intercambio de mercadorías na parcela SU-3 do PXOM.
Promotor e órgano substantivo: Concello de Santiago de Compostela.
Expediente: 2022AAE2723.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 03.10.2022 ata o día 16.11.2022.