Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual das Normas subsidiarias de planeamento relativa ao cambio de trazado da intersección entre a estrada AC-861 e a rúa Tras do Rego, As Pontes de García Rodríguez.
Promotor: Concello das Pontes de García Rodríguez.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2022AAE2689.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 04.07.2022 ata o día 17.08.2022.